Sempre pola Morte Esperas Lyrics


Sempre

pola morte esperas,

mais a morte nunca vén,

a morte nunca vén

Pensas que as penas poden,

poden matar dunha vez?

Tras de roer e roer,

só deixan un corpo

cando xa non ten que comer nel

Soio,

soio é remedio a morte

para curar da vida,

para curar da vida

Pensas que as penas poden,

poden matar dunha vez?

Tras de roer e roer

só deixan un corpo

cando xa non ten que comer nel

Sempre pola morte esperas

Soio é remedio a morte,

mais a morte nunca vén

Tras de roer e roer,

só deixan un corpo

cando xa non ten que comer nel