Crinte un deus, e ó final críchelo ti tamén Dinte todo e máis, pero a túa fame non tiña final Fixeches normal o ser ti máis ca os demais Adorábate sen pensar, ninguén te podía tocar, mais xa non vale o teu disfraz Xa non tes ningún poder, ningunha raíña nin rei me pode controlar Dime, no espello que ves? Sen escravos ao carón ti xa non es ninguén Crinte un deus, e ó final críchelo ti tamén Dinte todo e máis, pero a túa fame non tiña final Agora xa sei que en min non vai mandar nunca un rei Acostumado a reinar, agora que todo acaba, que farás? Ninguén que poidas culpar Xa non tes ningún poder, ningunha raíña nin rei me pode controlar O teu reino, onde está? De que vale a túa coroa rodando polo chan? Xa non tes ningún poder, ningunha raíña nin rei me pode controlar Dime, no espello que ves? Sen escravos ao carón ti xa non es ninguén Ti xa non es ninguén