Falsos Heroes Lyrics


Aman a miseria, non ó miserable,

porque a precisan para non morrer,

para facer crer que son indispensables

e afianzar ós seus amos no poder

Un sorriso de traición, e cara amable

ó cravar o coitelo no teu lombo

Furia implacable contra os que sexan reais

Facendo crer que non son o mesmo,

ó final crérono eles tamén

Atacan a todo aquel que queira un cambio,

é a súa misión neste xogo de poder

Pretenden tapar a ferida con parches,

en vez de curala para cicatrizar

E seguir cantando os seus cantos de serea

que contra as pedras quérennos crebar

A caridade levan por bandeira,

din que somos un, que nos van protexer

Para logo vendernos ó mellor prezo

ou a cambio dun posto calquera de poder

Un sorriso de traición, e cara amable

ó cravar o coitelo no teu lombo

Furia implacable contra os que sexan reais