Dioivo Lyrics

Cando o dioivo arroia e cando sopra o furacán

Cando os nimbos cobren un ceo que non brillará

Se a brétema tapa todo e oculta o que hai detrás,

e ondas golpean furiosas,

como se a terra quixesen tragar

Que a néboa non te impida ver,

que non pare os teus pés

Pra ver o ceo hai que deixar chover,

e será noso o amencer

Nunca deixarei de viaxar

polo vento e as ondas do mar,

porque nunca deixará de chover,

pois só así a vida pode renacer

Cada mañá, un dia máis polo que loitar