Cruzando o mar da inexorable soidade, o desterro será o meu cadaleito Fuxindo dos monstros da guerra, as lembranzas queman no meu peito Xuro cada noite que un día hei regresar Berro o teu nome ó ar, mais ninguén responde Pero sei que ao lonxe espérasme un día máis Non sei cando, pero ben sei onde Viaxando pola tempestade, os lóstregos non poderán pararme Voltarei deste exilio, porei fin a esta saudade Cruzando o mar da inexorable soidade, o desterro será o meu cadaleito Cara a outro mundo, lonxe da miña terra, as lembranzas queman no meu peito Xuro cada noite que un día hei regresar Berro o teu nome ó ar, mais ninguén responde Pero sei que ao lonxe espérasme un día máis Non sei cando, pero ben sei onde