Cando penso na situación na que nos encontramos, na vida que nos tocou vivir. A miseria que nos rodea. No meu interior crece o odio. Cantas bocas hai sen alimentar. Que triste é vivir, ter que resistir o día a día condenados a sufrir. Escravos da pobreza sen ter nada mais que unhas moedas para sair comprar o pan No meu interior crece o odio! Cando no meu pensamento brotan escenas grotescas, familias enteiras que morren á fame. O planeta está en crise mundial non hai volta atrás, condenados en vida. O planeta está en crise mundial non hai volta atrás, condenados en vida. Odio! A xente que se fai rica a costa das persoas máis honradas que loitan día tras día para sacar adiante unha familia Odio! A toda a escoria clasista, a toda a raza fascista, ós que abusan sempre dos débiles, odio ó egoísta admiro ó humilde. No meu interior crece o odio! Pois non comparto a avaricia ca que trafican os altos mandos. Por diante ofrecen axuda, por detrás estannos matando. Por diante ofrecen axuda, por detrás estannos matando. Sempre as mesmas mentiras, fartos de escoitar sempre o mesmo o mesmo resultado... miseria e inxustiza. Fartos de escoitar sempre o mesmo resultado... miseria e inxustiza!