Pensaba que todo estaba rematado xa, que esa sombra non ía voltar. Despois de anos levando un disfraz volvín a ser eu moi ó meu pesar. Antano fun un tipo mordaz! Non era eu era un antifaz! Que me obrigaba sen pensar! Que me impulsaba a actuar! Polas noites o seu espírito me posuía, amardago pasaba o día, coa súa voz na cabeza incitándome. A facer, a pensar, baraxar cousas extrañas. A facer, a pensar, baraxar cousas extrañas. Sumerxido nun mar de bebida, vaso a vaso bebía a miña vida, que se retorcía día a día, non había outra saída. O home do espello apareceu, ese que tanto medo me daba. O home do espello apareceu, ese que tanto medo me daba. Sen previo aviso o home voltou, entra na mente como se nada. O rumbo da vida prendía dun fío xa, cando unha luz me fixo recapacitar. Necesitas cambiar, deixarte de matar, co teu sorriso me fixo cambiar.