Pasan os anos, a moza é muller, anda buscando a saída. Os sentimentos creeunos certos, pensou que era o que quería. Entregada ó macho famento que disfraza a súa gran mentira, con moedas, agasallos e agarimos, merca así a súa prometida. O comezo da nova vida, fermosa, estraña. É doado esquecer, pasar de todo a nada. Escrava do teu fogar, escrava do teu amor... a túa historia rematou, cando a vosa comezou. Caeu na trampa, na súa mentira, cegada pola ilusión, inocencia perdida. Falso amor! Quen ía pensar? Ninguén llo contou, como era a súa salvación. Pasan os anos, pasou a vida, fuches de alegre a rechumida. Escrava do teu fogar, escrava do teu amor... a túa historia rematou, cando a vosa comezou.