Carniceiros Lyrics


Carniceiros de ollos claros aparecen no horizonte,

victoriosas hordas verdes traen con elas a morte.

Prepotente raza cruel que outra vez volta as andadas,

non entenden outra lingua que non sexa a das espadas.

O terror chama á túa porta, sen dar opción a fuxir,

nada queda por perder, pero moito por sufrir.

Ferro e lume sementaron os teus campos de sangue,

converténdoos nun inferno sen lugar para os cobardes.

Algúns pensan que é o final, que xa todo está perdido,

só a esperanza vos permite aínda seguir erguidos.

Uns conteñen o alento, outros cantan victoria,

mentres ti non esqueces as leccións da historia.

A atrocidade non puido baixar

os brazos de aqueles que saben loitar.

Non hai crueldade capaz de derrotar

vontades de aceiro que non claudicarán.

Quen a ferro mata, a ferro atopará a morte,

nada hai peor que a soberbia ó saberse forte,

a súa hora chegou cando xa o estaban dando por feito,

para acabar contando os días entre a desesperación e o medo.

Frío e fame, lume e sangue,

que converteu en manxar a carne de rata.

Nunca tan fría se servíu a vinganza.

A atrocidade non puido baixar

os brazos de aqueles que saben loitar.

Non hai crueldade capaz de derrotar

vontades de aceiro que non claudicarán.